Deportes-Depo Andainas

Parque da Canuda, paseo fluvial á illa de Fillaboa (Baixo Tea, concello de Salvaterra de Miño)

  • Apertura de inscricións: luns 19 de agosto
  • Peche de inscricións: mércores 28 de agosto
  • Data de realización: domingo 1 de setembro
  • Lista de persoas admitidas

Esta andaina levaranos ao concello de Salvaterra de Miño bordeando as beiras do río ata a illa de Fillaboa.

ITINERARIO SÓ DE MAÑÁ

  • Saída do autobús: as horas especificaranse con anterioridade vía sms, os puntos de saída serán a praza de Galicia en Pontevedra e a praza de España en Vigo
  • Chegada á localidade (media hora para recoller o dorsal e poder tomar un café)
  • Realización da ruta e regreso á localidade
  • Visita guiada e tempo de descanso
  • Volta á casa