Deportes-Depo Andainas

Parque forestal da illa da Toxa e ruta das pasarelas en Pedras Negras (concello do Grove)

Horarios de autobuses:

  • Vigo (praza de España), saída ás 8:30 horas da mañá
  • Pontevedra (praza de Galicia), saída ás 9:00 horas da mañá

As persoas que non usen o servizo de autobús terán que presentarse antes do inicio da andaina no punto de saída.

A hora de saída da andaina será ás 10:00 desde o porto de Pedras Negras en San Vicente do Mar ( O Grove).

A hora aproximada de regreso a Pontevedra será ás 18:30 e a Vigo ás 19:00.

Esta andaina levaranos ao concello do Grove con lugares de interese coma a illa da Toxa, o parque forestal e a aldea dos Grobits. Na segunda ruta visitaremos as pasarelas ou Ruta dos Cons, un paseo de madeira onde poderemos contemplar a localidade de San Vicente do Mar, a súa costa e numerosas esculturas de pedra.

ITINERARIO DE MAÑÁ E DE TARDE

  • Saída do autobús: as horas especificaranse con anterioridade vía sms, os puntos de saída serán a praza de Galicia en Pontevedra e a praza de España en Vigo
  • Chegada á localidade (media hora para recoller o dorsal e poder tomar un café)
  • Realización da ruta e regreso á localidade
  • Visita guiada e descanso
  • Tempo para o xantar
  • Realización da segunda ruta
  • Volta á casa