Deportes-Depo Andainas

Paseo fluvial marismas de Catoira (concello de Catoira)

DepoAndaina: paseo fluvial polas marismas de Catoira (concello de Catoira)
Horarios de autobuses:

  • Vigo (praza de España), saída ás 8:30 horas da mañá
  • Pontevedra (praza de Galicia), saída ás 9:00 horas da mañá

As persoas que non usen o servizo de autobús terán que presentarse antes do inicio da andaina no punto de saída.
A hora de saída da andaina será ás 10:00 desde a alameda de Catoira.
A hora aproximada de regreso a Pontevedra será ás 14:30 e a Vigo ás 14:45.

Esta andaina levaranos ao concello de Catoira, con lugares de interese coma as torres de Oeste. Ten unha paisaxe formada por bosques espesos, marismas e praias fluviais, onde a figura dos muíños de vento resulta habitual.

ITINERARIO SÓ DE MAÑÁ

  • Saída do autobús: as horas especificaranse con anterioridade vía sms, os puntos de saída serán a praza de Galicia en Pontevedra e a praza de España en Vigo
  • Chegada á localidade (media hora para recoller o dorsal e poder tomar un café)
  • Realización da ruta e regreso á localidade
  • Visita guiada e tempo de descanso
  • Volta á casa