Deportes-Depo Andainas

Depo Andaina de Sobroso

  • Data de apertura de inscricións: luns 11 de xuño
  • Data de realización: domingo 8 de xullo
  • Peche de inscricións: mércores 4 de xullo
  • Distancia: 14 km
  • Percorrido: circular
  • Dificultade: media-alta
  • Altitude máxima: 377 m
  • Duración estimada: 3,5 horas
  • Formulario de inscrición (prazas esgotadas)
  • Lista definitiva de admitidos

Descrición da andaina

A andaina ten un aparcadoiro na parte de abaixo do concello, cerca do campo de fútbol e do colexio.

Co punto de partida na casa do concello de Mondariz, dirixirémonos cara á zona de Castro Laredo e enlazaremos cun tramo da ruta do río Xabriña, por riba do Escobeiro, ata chegar a unha ponte onde viraremos á dereita e encararemos a subida ao castelo de Sobroso. No recinto do castelo faremos unha pequena ruta guiada e a súa historia e as panorámicas que se contemplan desde alí farán que esquezamos o esforzo da subida.

Desde o castelo sairemos pola cara oeste do monte Landín, tamén afectado polos incendios de 2017. Isto levaranos ata o interesante castro de Troña e en dirección a Mondariz-Balneario, onde tomaremos parte da ruta do Tea para volver ao punto de saída.

Actividade complementaria

Nesta andaina haberá unha pequena charla da historia do castelo de Sobroso: a súa orixe e a súa importancia nesa época, os momentos claves da súa existencia e algunha das batallas libradas. No castro de Troña veremos unha pequena parte da vida neste antigo asentamento.