Depo Aventura

Actividades e instalaciones

Actividades e instalacións dos campamentos de verán

Os campamentos de verán "Depo Aventura A Lanzada" ofrécenlles a posibilidade ás nenas e nenos de 8 a 13 anos da provincia de Pontevedra de gozar do seu tempo libre a través da participación en actividades divertidas de carácter educativo, cultural, deportivo e formativo que contribúan ao seu enriquecemento persoal.

Con este programa lúdico e educativo a Deputación de Pontevedra promove que estas e estes menores aumenten a súa motricidade, madurez persoal e sociabilidade; que aprendan a desenvolverse nun medio non habitual e a ocupar o seu tempo libre de xeito construtivo; que adquiran hábitos hixiénicos, alimenticios e de exercicio físico saudables e que entren en contacto coa natureza aprendendo a respectala.

Os campamentos "Depo Aventura A Lanzada" organízanse entre os meses de xuño e setembro, en quendas de 7 días, no Centro de Vacacións da Lanzada, propiedade da Deputación.

Lugar de realización

Nas instalacións do Centro de Vacacións da Lanzada, propiedade da Deputación de Pontevedra, situado na estrada de San Vicente do Mar, A Lanzada, s/n, O Grove.

Coordenadas GPS:

  • Latitud: 42º 27' 29" norte
  • Longitud: 8º 53' 3" oeste

Como chegar: ver mapa no Google Maps

¿Qué inclúen os campamentos de verán "Depo Aventura A Lanzada"?

  • Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial que posibilita a participación de todas as rapazas e rapaces. Algunha destas actividades impartirase en lingua inglesa
  • Visitas fóra do recinto do Centro de Vacacións da Lanzada
    • Saída á Illa de Ons
    • Saída de carácter cultural, deportiva ou relacionada coa natureza ou co medio
  • Aloxamento en tendas de campaña no campamento xuvenil
  • Manutención en réxime de pensión completa
  • Material necesario para a actividade, así coma unha camiseta para cada menor
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre, actividades náuticas e lingua inglesa. Para o caso de persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade disporase do persoal de apoio necesario adaptado ás súas características
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes

Programa de actividades lúdico e educativo

As persoas menores que participan nos campamentos "Depo Aventura A Lanzada" gozan de diversas actividades lúdico-educativas, de multiaventura e de tempo libre. Un amplo equipo de monitoras e monitores especializados organizan o día a día durante toda a quenda.

  • Xogos e deportes
  • Actividades na praia
  • Actividades ao aire libre relacionadas co medio natural
  • Actividades artísticas
  • Actividades nocturnas
  • Teatro e contacontos
  • Baile e actividades culturais
  • Obradoiro de elección da mascota oficial do programa "Depo Aventura A Lanzada" 

Los campamentos de verano "Depo Aventura A Lanzada" también incluyen actividades en el exterior de las instalaciones del centro vacacional:

  • Excursión a la Illa de Ons
  • Salida cultural, deportiva o relacionada con la naturaleza o con el medio ambiente

Equipamento das instalacións

  1. Zona de tendas de acampada
  2. Bungalós de usos múltiples: enfermería, Dirección do campamento…
  3. Anfiteatro
  4. Zona de xogos e deportes
  5. Comedor exterior
  6. Comedor interior
  7. Cociña
  8. Baños
  9. Exteriores do Centro Vacacional da Lanzada