Depo Aventura

Resultados do sorteo

O pagamento das prazas concedidas realizarase mediante un recibo individualizado para cada menor, a través da entidade bancaria colaboradora.

Nas 48 horas seguintes á realización do sorteo estarán dispoñibles para a súa descarga nesta web os recibos de pagamento. As nais, pais ou persoas titoras recibirán un SMS coas claves para poder acceder a eles. No caso de que dúas ou máis irmás ou irmáns obtivesen praza, disporán de recibos individuais para o pagamento.

Cando estean dispoñibles os recibos deberase introducir o ID e a clave recibidos no SMS de cortesía e descargar o recibo de pagamento correspondente. Nel figurará o prazo para efectuar o pagamento.

O pagamento poderase realizar na entidade Abanca:

  • En calquera das súas oficinas; deberase presentar o recibo impreso (as dúas follas)
  • A través da banca electrónica
  • En caixeiros habilitados; deberase presentar o recibo impreso (as dúas follas)
  • De non ser cliente da entidade poderase pagar con tarxeta a través da súa páxina web (http://www.abanca.com/es/pago-de-recibos) introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo (non se trata dunha autoliquidación). Hai que gardar o xustificante da operación, xa que pode servir como xustificante do pagamento

Avisos

Para calquera aclaración póñase en contacto co punto de información da Deputación de Pontevedra no teléfono 986 804 100.

Quendas

Última modificación: 29/08/2018 10:00