Depo en Marcha

Depo en marcha

Cancelación do programa Depo en marcha 2020 (BOPPO 09/06/2020)

"Depo en marcha" 2020 ten por obxecto favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra a través de distintos obradoiros, englobados nas temáticas que figuran no catálogo e que teñen como finalidade favorecer a participación e a cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias que permitan fomentar a súa independencia para evitar así o illamento e as situacións de soidade.

Entidades beneficiarias

Poderán beneficiarse do programa as entidades sen ánimo de lucro de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra.

Condicións do programa

Este programa está dirixido principalmente á terceira idade, polo que, para a súa realización, a entidade solicitante deberá acreditar antes do inicio de cada obradoiro que o 70 % do alumnado ten 50 anos ou máis no momento da inscrición. No caso contrario, o obradoiro non se poderá iniciar.

Só se poderá conceder un obradoiro por entidade.

Cada obradoiro terá un custo de seis (6,00) euros por participante.

Os obradoiros terán unha duración de 30 horas e impartiranse en xornadas de entre unha e tres horas á semana.

As entidades terán ata o 31 de decembro de 2020, este incluído, para realizar as 30 horas do obradoiro escollido.

A institución provincial ofertará os obradoiros a través dunha empresa especializada na materia, responsable da execución, coordinación e avaliación do programa.

O procedemento de concesión será o de concorrencia non competitiva. No caso de que o número de solicitudes exceda o de obradoiros ofertados desde a Deputación elaborarase a lista seguindo a orde de prelación que se detalla na base décimo terceira.

O alumnado deberá levar o material requirido no catálogo (anexo IV) para a acción formativa escollida, polo que é importante, á hora de elixir, ter en conta de que materiais se debe dispoñer.

Unha vez concedido o obradoiro a entidade solicitante terá a obriga de enviarlle a relación definitiva de participantes á empresa adxudicataria (anexo V) a través do correo electrónico ou de calquera medio que permita a súa recepción, respectando como mínimo que o envío se reciba dez (10) días hábiles antes do inicio da actividade.

Subvencións concedidas 2020

Subvencións concedidas 2019

Última modificación: mércores, 10 xuño 2020