Depo en Marcha

Depo en marcha

Este programa está dirixido a asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que desenvolven diferentes actuacións e traballos no eido das persoas maiores.

Ten por finalidade favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra a través de distintos obradoiros que axuden a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a súa calidade de vida.

Os distintos obradoiros teñen unha duración de 30 horas e deberán contar cun mínimo de 15 persoas inscritas. Para a súa realización a entidade solicitante deberá acreditar antes do inicio que o 70 % do alumnado ten 50 anos ou máis no momento da inscrición.

En función da acción formativa cada participante deberá achegar o material recollido no catálogo como "materiais que levará o alumnado". Cada obradoiro terá un custo de seis (6,00) euros por persoa.

As solicitudes poderán presentarse do 4 ao 22 de febreiro de 2019 por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal.

Documentación:

  • Modelo de solicitude cuberto (anexo I)
  • Certificado da acreditación do cargo ou copia da acta de constitución da Xunta Directiva (anexo II)
  • Memoria xustificativa das actividades e do labor levado a cabo no ámbito das persoas maiores, só necesaria para aquelas entidades integradas no punto 4 da base segunda, sobre persoas beneficiarias (anexo III)

Unha vez concedido o obradoiro a entidade solicitante terá a obriga de enviarlle a relación definitiva de participantes á empresa adxudicataria (anexo V)

Última modificación: luns, 20 maio 2019