Depo rúArte

DepoRúARTE: desenvolvemento sostible

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, impulsa a cuarta edición do programa "DepoRúARTE".

Esta nova convocatoria, denominada "DepoRúARTE: desenvolvemento sostible", pretende levar a cabo actividades educativas e de lecer que atendan ás demandas do colectivo xuvenil da provincia de Pontevedra, ofrecéndolle un espazo de encontro e intercambio de experiencias, así como novas alternativas de actividades artísticas e lúdicas que potencien movementos de participación e cooperación social ao redor dos obxectivos de desenvolvemento sostible, que constitúen un chamamento universal á adopción de medidas para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e garantir que todas as persoas gocen de paz e prosperidade.

As actividades desenvolveranse en 5 centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra nos meses de marzo, abril, maio, outubro, novembro e decembro de 2019.

O primeiro dos centros en participar durante o curso escolar 2018-2019 é o CPI do Toural, que levará a cabo as actividades durante o mes de abril.

Descargas

Última modificación: xoves, 01 agosto 2019

DepoRúARTE 2018