Depo rúArte

DepoRúARTE. Pintando alternativas

A Deputación de Pontevedra desenvolveu durante o ano 2018 a terceira edición do programa "DepoRúARTE. Pintando alternativas". Esta nova edición, dirixida ás e aos estudantes de secundaria, consistiu no desenvolvemento en conxunto dun proxecto combinado de formación en valores e dunha actividade de arte urbana participativa.

Entre os obxectivos que persegue este programa, destacan:

  • Profundar na formación cívica das e dos participantes, incidindo en valores como a cooperación, o traballo en equipo, a pluralidade, o coidado do medio etc.
  • Achegar a arte urbana ás e aos participantes e recoñecer o seu valor como ferramenta social de cohesión comunitaria e mellora do espazo
  • Contribuír ao proceso de reapropiación do espazo público por medio da intervención artística

As actividades desenvolveuse en 10 centros de secundaria da provincia de Pontevedra entre os meses de maio e decembro.

Os primeiros centros en participar durante o curso escolar 2017-2018, coincidindo coas actividades programadas de fin de curso, foron:

  • IES do Barral (Ponteareas): 18 de maio, sesións formativas
  • IES María Soliño (Cangas): 18 de maio, sesións formativas. 21 de xuño, inauguración do mural sobre a temática da convivencia

Durante o curso escolar 2018/2019, o programa desenvolverase nos seguintes centros, con datas por confirmar entre os meses de setembro a decembro de 2018, coincidindo co inicio do curso escolar 2018-2019: IES Pazo da Mercé (As Neves ), IES de Barro (Barro), CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis), IES Chano Piñeiro( Forcarei), IES Auga da Laxe (Gondomar), IES Laxeiro (Lalín), IES de Meaño (Meaño) e IES Ribeira do Louro (O Porriño ).

Catálogo 2018 (pdf)