DEPOAPICULTURA: A apicultura sostible como fonte de emprego rural
O obxectivo xeral do proxecto é o de mellorar a empregabilidade no sector apícola, sobre todo, daquelas persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral.
O proxecto desenvolverase en zonas rurais da Rede Natura das provincias de Pontevedra e Zaragoza e irá destinado a todas as persoas interesadas en traballar no sector ou comezar a súa actividade apícola.
Impartiranse 12 accións formativas, presenciais e mixtas, cos seguintes contidos:
Apicultura moderna e sostible
Capacitar as persoas interesadas para a posta en marcha e mantemento dunha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas, fomentando novas vías de xestión e comercialización, mediante o emprego de novas tecnoloxías.
- Cursos presenciais: 50 horas (3 en Galicia e 1 en Aragón)
- Obradoiro teórico. Introdución á apicultura moderna
- Obradoiro práctico. Revisión e interpretación do estado das colmeas, manexo das ferramentas e medidas preventivas para a loita contra a Vespa velutina. Aplicación de medidas para a colleita do pole
- Obradoiro práctico. Métodos para a división das colmeas. Preparación da colmea incubadora para a cría de raíñas
- Obradoiro práctico. Métodos para a cría masiva de raíñas. Revisión da colmea incubadora
- Obradoiro práctico. Revisión e colocación de alzas
- Obradoiro práctico. Extracción do mel, o pole, os própoles, a apitoxina e a xelea real
- Obradoiro práctico. Profilaxe e tratamentos sanitarios. Alimentación complementaria das colmeas. Preparación das colmeas para o inverno
- Obradoiro práctico. Elaboración de produtos derivados do mel
- Obradoiro teórico. Elaboración de plans empresariais. Estratexias de busca de emprego e preparación do CV
- Cursos mixtos: 40 horas a distancia e 10 horas presenciais (4 en Galicia e 4 en Aragón)
- Módulo 1. Principios xerais da produción apícola sostible
- Módulo 2. Revisión e interpretación do estado das colmeas. Medidas preventivas para a loita contra a Vespa velutina. Aplicación de medidas para a colleita do pole
- Módulo 3. Situación, orientación e colocación das colmeas
- Módulo 4. Técnicas de produción apícola en equilibrio coa natureza. Manexo e métodos de reprodución das colonias
- Módulo 5. Métodos para a cría masiva de raíñas
- Módulo 6. Profilaxe e tratamentos veterinarios. Alimentación complementaria
- Módulo 7. Extracción do mel, o pole, os própoles, a apitoxina e a xelea real. Elaboración de produtos derivados do mel
- Módulo 8. Xestión e comercialización mediante o emprego das novas tecnoloxías e da mercadotecnia axeitada
- Módulo 9. Elaboración de plans empresariais. Estratexias de busca de emprego e preparación do CV
Formación presencial | Formación mixta | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cursos | FP1 | FP2 | FP3 | FM1 | FM2 | FM3 | FM4 | ||
Concellos | O Rosal | Vilaboa | Barro | Salceda de Caselas | Ponte Caldelas | Ponteareas | O Rosal | ||
Locais | Centro formación A Mata R/ Cumieira de Riba, s/n | Casa da Xesta Vilar, 14 | Salón de Plenos do Concello Casa Consistorial San Antoniño, 11 Perdecanai | Centro social A Devesa R/ de Vigo, 1 | Centro cultural de Ponte Caldelas R/ Emigrante, s/n | Centro de desarrollo local de Ponteareas Lomba do Cruceiro, 5 Ribadetea | Centro Formación A Mata R/ Cumieira de Riba, s/n | ||
Datas cursos | 26 de marzo 9 de abril 7 e 28 de maio 11 e 25 de xuño 9 e 30 de xullo 3 e 10 de setembro | 27 de marzo 10 de abril 8 e 29 de maio 12 e 26 de xuño 10 e 31 de xullo 4 e 11 de setembro | 28 de marzo 11 de abril 9 e 30 de maio 13 e 27 de xuño 12 de xullo 1 de agosto 5 e 12 de setembro | 16 e 17 de abril | 23 e 24 de abril | 14 e 15 de maio | 21 e 22 de maio |
Descargas
- Cartel (pdf)
- Díptico (pdf)
- Cartel Barro (pdf)
- Díptico Barro (pdf)
- Cartel O Rosal (pdf)
- Díptico O Rosal (pdf)
- Cartel Vilaboa (pdf)
- Díptico Vilaboa (pdf)
- Cartel Ponteareas - curso mixto (pdf)
- Díptico Ponteareas - curso mixto (pdf)
- Cartel Ponte Caldelas - curso mixto (pdf)
- Díptico Ponte Caldelas- curso mixto (pdf)
- Cartel Salceda de Caselas- curso mixto (pdf)
- Díptico Salceda de Caselas- curso mixto (pdf)
- Cartel O Rosal - curso mixto (pdf)
- Díptico O Rosal - curso mixto (pdf)
- Cartel Zaragoza (pdf)
- Díptico Zaragoza (pdf)
- Cartel Calcena (pdf)
- Díptico Calcena (pdf)
- Cartel Fuentes de Ebro (pdf)
- Cartel Ejea de los Caballeros (pdf)
- Díptico Ejea de los Caballeros (pdf)
- Díptico Fuentes de Ebro (pdf)
- Cartel Borja (pdf)
- Díptico Borja (pdf)
Última modificación: venres, 23 agosto 2019