DepoDesafío

Probas

"Depo Desafío" Carreira a pé:

A carreira a pé levaranos pola beira do Miño polos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda en pleno mes de xullo, e remata aos pés do impoñente monte de Santa Trega.

Nesta primeira proba as e os participantes terán un percorrido moi técnico pola Senda do Miño, un percorrido que alterna zonas de camiños con outras de asfalto a carón do río Miño. A carreira sofre unha modificación e acúrtase en 7 km; o percorrido queda en 14 km, máis accesibles para as persoas participantes.

"Depo Desafío" Travesía

A travesía a nado non podería ter mellor localización, as e os participantes nadarán contemplando por un lado o paseo marítimo da vila do Grove e polo outro Illa da Toxa, todo isto acompañado das e dos veraneantes en pleno mes de agosto.

Esta segunda proba levaranos á modalidade de nado, a travesía. Cun percorrido de 1.200 m, as e os participantes gozarán dun traxecto en plena ría, sen apenas ondas pero coa complexidade das mareas e as correntes da zona.

Lista de admitidos

"Depo Desafío" Trail

Para esta terceira proba as e os participantes deberán calzar as zapatillas de trekking e prepararse para subidas e baixadas continuas, posto que chega a modalidade trail. O trail trasladaranos no mes de agosto ao concello da Cañiza e aos seus montes. O percorrido, de aproximadamente 15 km, levaranos a alcanzar as cimas de montes con espectaculares vistas e a superar multitude de obstáculos ao longo do percorrido, o que fai desta modalidade unha experiencia única.

Lista de admitidos

"Depo Desafío" BTT

Esta cuarta proba, no mes de setembro, levaranos ao concello de Cerdedo-Cotobade coa proba BTT, cun percorrido en bicicleta de aproximadamente 35 km, as e os participantes terán que sortear múltiples escollos ata chegar a liña de meta.

Lista de admitidos

"Depo Desafío" Triatlón de Vigo

Para finalizar o desafío,  levaranos ao Concello de Vigo no mes de outubro. O tríatlon levarase a cabo na zona de Samil, onde as e os participantes competirán coas espectaculares vistas das illas Cíes de fondo.

Esta última proba do Desafío consistirá  nun Tríatlon na modalidade de distancia sprint (750 m a nado, 20 km en bicicleta e 5 km de carreira).

Na quinta e última proba do primeiro "Depo Desafío", as e os participantes saborearán as ultimas bágoas de suor tras completar os derradeiros quilómetros, pensando xa nos desafíos que deparará o 2019.

Lista de admitidos