DepoDesafío

Voluntariado

Queres ser voluntaria ou voluntario?

Ningún evento sería posible sen a inestimable axuda e cooperación das persoas voluntarias.

As e os voluntarios son unha parte esencial nos eventos ou probas deportivas, xa que están en contacto directo coas persoas participantes, axudándoas e dándolles soporte en todo momento.

Se queres colaborar como voluntaria ou voluntario e vivir unha experiencia única nun ambiente incrible e divertido, non dubides en apuntarte.

Se colaboras connosco:

  • Serás parte dun gran evento
  • Estarás en contacto coas e cos deportistas
  • Vivirás unha experiencia inesquecible e divertida
  • Recibirás o equipamento da persoa voluntaria
  • Gozarás de comida e bebida nos días da túa axuda

Necesitaremos persoas voluntarias para:

  • Entrega de dorsais: serás a primeira ou o primeiro en recibir as e os deportistas o día da proba, con quen poderás intercambiar as primeiras impresións.
  • Posto informativo: é parte fundamental de calquera evento, a súa misión é a de informar de todo o relacionado coa proba.
  • Posto de avituallamento: estarás en zonas estratéxicas do percorrido, ofrecéndolles non só avituallamento ás e aos corredores que o precisen, senón tamén palabras de ánimo tan necesarias neses momentos.
  • Seguridade e control das e dos atletas: son os postos de maior responsabilidade, posto que a seguridade das e dos deportistas depende do seu labor, terán supervisión permanente por parte dunha persoa responsable da organización.

Como me podo inscribir?

De maneira moi fácil: envíanos un correo electrónico a deportes@depo.es cos teus datos e as túas preferencias; se queres máis información ou resolver algunha dúbida podes chamar ao teléfono 886 210 385.