Programa integrado de emprego depoEMPREGA 2017

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia resolveu o 17 de novembro de 2017 concederlle á Deputación de Pontevedra unha axuda para o programa integrado de emprego depoEMPREGA 2017, ao amparo da Orde do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2017 e 2018.

A selección de persoas participantes realizarase a través do Servizo Público de Emprego de Galicia, que derivará á Deputación de Pontevedra as persoas dispoñibles para participar no programa. Terán preferencia as que teñan solicitado na súa demanda de emprego o servizo "Programas experimentais (930)" con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

Características do programa

Duración: 12 meses (desde o 1 de decembro de 2017 ata o 30 de novembro de 2018)

Número de participantes: 85

Dirixido a mulleres desempregadas empadroadas nalgún dos seguintes concellos:

  • Cangas
  • Pontevedra
  • Poio
  • Ponteareas
  • Vigo
  • Tomiño
  • Tui

Accións que se desenvolverán:

  • Orientación e asesoramento para a busca de emprego
  • Formación certificada:
    • MF0706_1 Arranxo de habitacións e zonas comúns de aloxamentos. Impartirase ademais un módulo de Inglés con acreditación
    • MF0950_2 Construcción de páxinas web
    • MF0976_2 Operacións administrativas comercias
  • Formación transversal:
    • Manipulación e hixiene alimentaria
    • Control de alérxenos
    • Operacións de manexo de carretilla elevadora
    • Creación de empresas
    • Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de sexo
  • Prácticas en empresas
  • Intermediación laboral

Más información

Teléfono: 986 804 100

Correo-e: promociondoemprego@depo.es

Na oficina do Servizo Público de Emprego da súa localidade

27-11-2018 Entrega de diplomas de Depoemprega 2017