Cabecera Depoemprende

Depoemprende

A Deputación de Pontevedra, dentro da liña de apoio ao emprendemento que está a impulsar en diferentes áreas, fomenta o desenvolvemento de proxectos que integran experiencias innovadoras nos centros educativos para promover a orientación profesional e o emprego. De acordo co Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra establecen un convenio de colaboración que ten como fin o fomento de iniciativas e actividades emprendedoras nos centros educativos da provincia de Pontevedra.

O Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local, coa finalidade de promover no ámbito educativo dinámicas de traballo cooperativo que favorezan a adquisición de competencias e coñecementos vinculados á cultura emprendedora e ao espírito emprendedor, leva a cabo o programa "DepoEmprende", unha ferramenta de apoio para os centros educativos que, a través da metodoloxía por proxectos, pretende espertar o interese e a curiosidade do alumnado sobre a súa propia aprendizaxe, aumentar o seu desenvolvemento activo e promover relacións cooperativas e participativas como medio para mellorar o clima de convivencia nos centros.

Os diferentes proxectos que acolle o programa son

DepoEmprende na Escola

"DepoEmprende na escola" é un proxecto educativo dirixido aos centros de Educación Primaria (5.º e 6.º curso) e aos de Educación Especial, no cal o alumnado crea e xestiona unha cooperativa escolar, elabora produtos e organiza a súa venda en actividades nas que colaboran os diferentes centros educativos participantes con fin de vender os que o alumnado elaborou e destinar unha parte dos beneficios obtidos a accións sociais.

De acordo co Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra establecen un convenio de colaboración que ten como fin o fomento de iniciativas e actividades emprendedoras nos centros educativos da provincia de Pontevedra.

Obxectivo. A finalidade do proxecto é promover a cultura emprendedora nas comunidades educativas, apoiar a adquisición das competencias profesionais do alumnado e ofrecerlle recursos ao profesorado para a promoción do sentido da iniciativa e o espírito emprendedor a través dunha proposta de aprendizaxe por proxectos.

Metodoloxía. "DepoEmprende na escola" propón unha metodoloxía dinámica e participativa na cal o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe. Nesta iniciativa desenvólvense actividades prácticas que favorecen a aprendizaxe activa, cooperativa e significativa e implican a todos os axentes, ao tempo que se establece un traballo cooperativo entre alumnado, familias, profesorado, entidades e asociacións do contorno e a Deputación de Pontevedra.

Temporalización. Previsiblemente, a temporalización estenderase ao longo do curso escolar 2020-2021, temporalización que, ao igual que a metodoloxía do programa, se adaptará tendo en conta as decisións que se tomen desde as administracións públicas competentes sobre a organización e planificación do curso escolar 2020-2021 e a evolución da actual crise sanitaria derivada da COVID-19 ou calquera outra circunstancia de forza maior sobrevida. Esta temporalización divídese en fases, que parten do autocoñecemento, a creación e a xestión da cooperativa ata a elaboración dos produtos e a súa venda.

Recursos. A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dota os centros educativos participantes de formación, recursos e ferramentas que posibilitan o desenvolvemento eficaz das accións relacionadas con cada un dos proxectos, para as cales se realiza un proceso permanente de seguimento e avaliación que permite analizar os logros, a execución diaria do proxecto e o seu impacto, así como asesorar o profesorado e resolver incidencias e dúbidas. A ferramenta principal é o portal educativo de "DepoEmprende", que ten como fin potenciar a comunicación entre os centros participantes, favorecer o acceso aos recursos formativos e didácticos e asegurar a orientación, asesoramento e titoría de forma continua.

Para a formación do profesorado desenvólvense accións formativas certificadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que incorpora o proxecto no Plan de emprendemento no sistema educativo en Galicia, Eduemprende.

DepoEmprende na ESO

"DepoEmprende na ESO" é un proxecto educativo que se dirixe ao alumnado de 4.º de Educación Secundaria Obrigatoria, preferentemente aquel que curse Iniciativa Emprendedora e Empresarial, Economía, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional ou materias similares.

De acordo co Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra establecen un convenio de colaboración que ten como fin o fomento de iniciativas e actividades emprendedoras nos centros educativos da provincia de Pontevedra.

O proxecto desenvólvese a través da creación dunha cooperativa, na cal o alumnado distribúe produtos e pon en práctica capacidades de negociación, toma de decisións, comunicación e resolución de conflitos. A venda destes produtos lévase a cabo en actividades nas que colaboran os diferentes centros educativos participantes co fin de vender os que o alumnado adquire e destinar unha parte dos beneficios obtidos a accións sociais.

Obxectivo. O obxectivo principal do proxecto é promover no alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria as competencias profesionais relacionadas coa autonomía, a iniciativa e o espírito emprendedor, á vez que se favorece a adquisición das competencias clave. O proxecto presenta unha metodoloxía de aprendizaxe por proxectos co fin de promover o desenvolvemento persoal e profesional, así como mellorar as habilidades e capacidades necesarias para favorecer a futura incorporación do alumnado ao mundo laboral.

Metodoloxía. A metodoloxía é dinámica e participativa, e nela o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe. Desenvólvense actividades prácticas que favorecen a aprendizaxe activa, cooperativa e significativa e nas cales se implica a todos os axentes.

Neste proxecto as novas tecnoloxías terán un papel fundamental como parte integrante do proceso de ensino e aprendizaxe co fin de que o alumnado as utilice de forma eficiente á hora de comunicarse con outras entidades e persoas para a distribución dos produtos. Desenvólvense diferentes accións dentro e fóra dos centros, a través das cales o alumnado relaciona o mundo educativo co empresarial e experimenta a consecución de logros a través do esforzo e do traballo en equipo.

Temporalización. Previsiblemente, a temporalización estenderase ao longo do curso escolar 2020-2021, temporalización que, ao igual que a metodoloxía do programa, se adaptará tendo en conta as decisións que se tomen desde as administracións públicas competentes sobre a organización e planificación do curso escolar 2020-2021 e a evolución da actual crise sanitaria derivada da COVID-19 ou calquera outra circunstancia sobrevida de forza maior. Esta temporalización divídese en fases, que parten do autocoñecemento, a creación e a xestión da cooperativa ata a elaboración dos produtos e a súa venda.

Recursos. A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dota os centros educativos participantes de formación, recursos e ferramentas que posibilitan o desenvolvemento eficaz das accións relacionadas con cada un dos proxectos, para as cales se realiza un proceso permanente de seguimento e avaliación que permite analizar os logros, a execución diaria do proxecto e o seu impacto, así como asesorar o profesorado e resolver incidencias e dúbidas. A ferramenta principal é o portal educativo de "DepoEmprende", que ten como fin potenciar a comunicación entre os centros participantes, favorecer o acceso aos recursos formativos e didácticos e asegurar a orientación, asesoramento e titoría de forma continua.

Para a formación do profesorado desenvólvense accións formativas certificadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que incorpora o proxecto no Plan de emprendemento no sistema educativo en Galicia, Eduemprende.

DepoEmprende na FP

O proxecto "DepoEmprende na FP" diríxese aos centros educativos que imparten Formación Profesional de grao medio e grao superior.

O alumnado deseña e elabora un proxecto empresarial a través do asesoramento do seu profesorado e do equipo de profesionais que se pon á súa disposición desde a Deputación de Pontevedra.

De acordo co Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra establecen un convenio de colaboración que ten como fin o fomento de iniciativas e actividades emprendedoras nos centros educativos da provincia de Pontevedra.

Obxectivo. A finalidade é promover no alumnado a iniciativa emprendedora, tanto no ámbito empresarial coma no autoemprego, así como a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades. A través do proxecto preténdese que o alumnado participe de forma activa na vida económica, social e cultural do seu contorno cunha actitude crítica e responsable.

Metodoloxía. A metodoloxía proposta ten como obxectivo que un grupo de alumnas e alumnos estude e elabore un proxecto empresarial dun sector que, preferentemente, estea relacionado coa familia profesional do ciclo formativo que curse.

Desenvólvense diferentes accións dentro e fóra dos centros a través das cales o alumnado relaciona o mundo educativo co empresarial e experimenta a consecución de logros a través do esforzo e do traballo en equipo.

Temporalización. Previsiblemente, a temporalización estenderase ao longo do curso escolar 2020-2021, temporalización que, ao igual que a metodoloxía do programa, se adaptará tendo en conta as decisións que se tomen desde as administracións públicas competentes sobre a organización e planificación do curso escolar 2020-2021 e a evolución da actual crise sanitaria derivada da COVID-19 ou calquera outra circunstancia sobrevida de forza maior.

Para a clausura do proxecto, se as circunstancias o permiten, organizarase unha actividade conxunta na que o alumnado participa e presenta as propostas elaboradas nos centros participantes durante o curso. Estas actividades pretenden espertar a inquietude emprendedora, motivar o alumnado na procura da calidade do seu proxecto, dar a coñecer as diferentes iniciativas e fomentar as habilidades comunicativas.

Recursos. A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dota os centros educativos participantes de formación, recursos e ferramentas que posibilitan o desenvolvemento eficaz das accións relacionadas con cada un dos proxectos, para as que se realiza un proceso permanente de seguimento e avaliación que permite analizar os logros, a execución diaria do proxecto e o seu impacto, así como asesorar o profesorado e resolver incidencias e dúbidas. A ferramenta principal é o portal educativo de "DepoEmprende", que ten como fin potenciar a comunicación entre os centros participantes, favorecer o acceso aos recursos formativos e didácticos e asegurar a orientación, asesoramento e titoría de forma continua.

Para a formación do profesorado desenvólvense accións formativas certificadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que incorpora o proxecto no Plan de emprendemento no sistema educativo en Galicia, Eduemprende.

 

Convocatorias

2020-2021

2019-2020

2018-2019

2017-2018

Como resultado da convocatoria publicada o martes 30 de maio de 2017, dirixida aos centros docentes financiados con fondos públicos, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que impartan ensinanzas de educación primaria e centros de educación especial da provincia de Pontevedra, obtívose a seguinte lista de centros educativos presentados e seleccionados:

  • CEIP Plurilingüe Núm. 1 de Tui (Tui)
  • CEE Príncipe Felipe (Pontevedra)
  • CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)
  • CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados)
  • CEP Plurilingüe Riomaior (Vilaboa)
  • CEIP Laredo (Redondela)
  • CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra)
  • CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda (Redondela)
  • CEIP García Barbón (Vigo)
  • CEIP Plurilingüe A Florida (Sanxenxo)
  • CEIP Plurilingüe Nantes (Sanxenxo)
  • CEE Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa)
  • CPI de Cova Terreña (Baiona)

 

Cooperativas

2021

Participantes de "DepoEmprende na escola"

  • CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade)
  • CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra)
  • CEE Pontevedra (Pontevedra)
  • CEIP Plurilingüe Nº 1 (Tui)
  • CEIP Serra-Vincios (Gondomar)
  • CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)
  • CEIP A Xunqueira nº1 (Pontevedra)
  • CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares (Vigo)

Participantes de "DepoEmprende na ESO"

  • IES Manuel Garcia Barros (A Estrada)
  • IES Plurilingüe a Paralaia (Moaña)
  • IES Luis Seoane (Pontevedra)
  • IES Illa de San Simón (Redondela)
  • IES Illa de Ons (Bueu)
  • IES de Rodeira (Cangas)
  • CPI da Cañiza (A Cañiza)

2019

Participantes de "DepoEmprende na escola"

  • CEIP Santo André de Xeve, Pontevedra
  • CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro, Cambados
  • CEIP Plurilingüe Antonio Palacios, O Porriño
  • CEE Pontevedra
  • CEE Vilagarcía de Arousa
  • CEIP Plurilingüe núm. 1, Tui
  • CEIP Serra-Vincios, Gondomar
  • CEIP A Xunqueira núm. 1, Pontevedra
  • CPI Cova Terreña, Baiona

Participantes de "DepoEmprende na ESO"

  • IES Illa de Ons, Bueu
  • IES de Rodeira, Cangas
  • IES Plurilingüe A Paralaia, Moaña
  • IES Manuel García Barros, A Estrada
  • IES Illa de San Simón, Redondela
  • IES Luís Seoane, Pontevedra
  • IES Indalecio Pérez Tizón, Tui
  • IES Plurilingüe Terra de Turonio, Gondomar

 

Premios Demo Day

O obxectivo dos Premios Demo Day é promover o lanzamento de proxectos emprendedores impulsados polo estudantado de formación profesional, a través dun proceso participativo, competitivo e secuencial que permita identificar e apoiar proxectos con potencial desenvolvemento

2020-2021

Esta convocatoria está dirixida aos centros educativos de FP da provincia de Pontevedra participantes no proxecto "DepoEmprende na FP" 2020-2021:

  • CIFP Manuel Antonio
  • CPR Daniel Castelao
  • CPR San Miguel
  • IES Johan Carballeira
  • CIFP Carlos Oroza
  • IES Plurilingüe Terra de Turonio

2019-2020

Esta convocatoria está dirigida a los centros educativos de FP de la provincia de Pontevedra participantes en el proyecto "DepoEmprende en la FP" 2019-2020:

  • CIFP Manuel Antonio
  • IES Indalecio Pérez Tizón
  • CPR Daniel Castelao
  • CPR San Miguel
  • EFA A Cancela
  • IES Johan Carballeira
  • IES Montecelo
  • CIFP Carlos Oroza
  • IES de Rodeira
  • IES Plurilingüe Terra de Turonio

Última modificación: mércores, 02 xuño 2021