DepoEmprende II

Charlas de talento emprendedor

No marco do proxecto "depoEMPRENDE II" a Deputación de Pontevedra organiza un ciclo de charlas de talento emprendedor nos que as persoas asistentes poderán coñecer, da man de emprendedoras e emprendedores do territorio, as claves para emprender con éxito.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Fundación INCYDE.

Contido:

  • resentación do proxecto "depoEMPRENDE II"
  • Charla de Fernando Prieto, emprendedor orientado á innovación que falará da motivación para emprender
  • "Maneiras de emprender"
  • Exposición de experiencias de emprendemento locais:
    • 15 de marzo, Pontevedra
      • Espazo M. Alba Diana Pazó, participante do coworking de Barro-Meis. É un proxecto centrado nas mulleres que conta con entrevistas, temas relacionados coas mulleres e co mundo laboral
      • Más de campo que las amapolas. Lucía Caramés realiza produtos artesáns con papel como material principal
    • 20 de marzo, O Porriño
    • 21 de marzo, Ponteareas
      • La Caprichosa Moda Online. Lina e María, emprendedoras que pecharon o seu negocio físico e montaron unha tenda en liña que está a ter moito éxito (https://lacaprichosamodaonline.es)
      • Formatea. Marta Fernández, enxeñeira que decidiu dar un xiro á súa carreira e creou unha academia de clases particulares (http://academiaformatea.negocio.site)
    • 22 de marzo, Vigo

Datas e lugares de realización

  • 15 de marzo. Salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, de 10 a 12 horas
  • 20 de marzo. Centro multiusos do Porriño, de 10 a 13 horas
  • 21 de marzo. Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, de 10 a 13 horas
  • 22 de marzo. Dependencias da Deputación de Pontevedra en Vigo, de 10 a 13 horas

Máis información e inscrición: