DepoEmprende II

Formación

Ao longo do proxecto depoEMPRENDE II cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Fundación Incyde desenvolveranse 7 itinerarios de formación de 144 horas en diferentes localizacións (Pontevedra, Ponteareas, O Porriño-Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo), co que se alcanzará toda a xeografía da provincia de Pontevedra.

Todos os itinerarios están dirixidos, de maneira directa ou indirecta, á obtención da acreditación do módulo MF1788_3: Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios e microempresas (120 horas presenciais), correspondente ao certificado de profesionalidade ADGD0201: Creación e xestión de microempresas.

O módulo formativo está composto polas seguintes unidades:

  • UF1818: Actitude emprendedora e oportunidades de negocio (40 horas)
  • UF1819: Proxecto e viabilidade do negocio ou microempresa (40 horas)
  • UF1820: Márketing e plan de negocio da microempresa (40 horas)

Ademais, prestarase unha formación adicional grupal de 20 horas (8 presenciais e 12 en liña). A temática desta formación será transversal, con técnicas, ferramentas e metodoloxías áxiles e innovadoras para o emprendemento. Esta inclúe a promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no acceso ao emprego, a non discriminación por razón de sexo, raza ou orixe étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual, e tamén o desenvolvemento sustentable. Ademais, incídese no cumprimento dos principios horizontais do FSE.

Tamén se traballará con cada participante de forma individual 4 horas (2 presenciais e 2 en liña) na detección de oportunidades vinculadas ao seu perfil persoal e o seu contorno social coa finalidade de construír o seu propio proxecto profesional.

Formulario de solicitude de participación

Mentoring

Ás persoas participantes que finalicen os itinerarios de formación e que teñan intención de formalizar o seu proxecto empresarial ofreceráselles supervisión e asesoramento a través de 35 horas de mentoring (25 presenciais e 10 en liña) durante as etapas iniciais da actividade económica.

O obxectivo será solucionar dúbidas e acompañar no establecemento de primeiros contactos e relacións iniciais con clientes, provedores, socias e socios para asegurar a súa viabilidade tanto en termos das capacidades individuais da persoa como en relación ao mercado e ao contexto actual.

Número de participantes nesta fase: 54

Localizacións: Pontevedra, Ponteareas, O Porriño-Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo