DepoEmprende na Eso 2018-2019
A Deputación de Pontevedra, dentro da liña de apoio ao emprendemento que está a impulsar en diferentes áreas, promove o desenvolvemento de proxectos que contribúen ao estímulo da cultura emprendedora no sistema educativo e conta con persoal cualificado e recursos materiais para integrar novas actividades na programación dos centros.
É por isto que se propón realizar novamente unha convocatoria aos centros públicos de educación secundaria da provincia de Pontevedra para participar no proxecto "DepoEmprende na ESO" 2018-2019, programa co que se pretende promover a adquisición da competencia emprendedora a través dunha metodoloxía na que o alumnado é o protagonista e centro da súa propia aprendizaxe.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o día 16 de xullo de 2018
- Bases (BOPPO 19/06/2018)
- Corrección de erros (BOPPO 09/07/2018)
- Formulario de solicitude
- RP Aprobación listas provisionais (19/09/2018)
- Lista provisional de centros docentes (19/09/2018)
- RP Aprobación listas definitivas (11/10/2018)
- Lista definitiva centros docentes (11/10/2018)
Enlaces
Descargas
Última modificación: martes, 17 setembro 2019