depoEMPRENDE na FP

Presentación de proxectos Demo Day

A Deputación de Pontevedra, dentro da liña de apoio ao emprendemento que está a impulsar en diferentes áreas, favorece o desenvolvemento de proxectos que contribúen ao estímulo da cultura emprendedora no sistema educativo e conta con persoal cualificado e recursos materiais para integrar novas actividades na programación dos centros educativos da provincia. Por isto, dentro da liña de fomento da cultura emprendedora e replicando proxectos levados a cabo en edicións anteriores, desde este Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local propúxose realizar unha convocatoria aos centros educativos públicos da provincia de Pontevedra (educación especial, educación primaria, educación secundaria e formación profesional) para participar nas modalidades dos diferentes proxectos de fomento da cultura emprendedora no ámbito escolar: "depoEMPRENDE na escola", "depoEMPRENDE na ESO" e "depoEMPRENDE na FP" (convocatoria 2018-2019).

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 15 de xuño de 2018 adoptou, entre outros, o acordo núm. 2.26785 de aprobación das bases e o anuncio da convocatoria dos programas "depoEMPRENDE na escola", "depoEMPRENDE na ESO" e "depoEMPRENDE na FP" (convocatoria 2018-2019) dirixida aos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que impartan ensinanzas de educación primaria, educación especial, educación secundaria e formación profesional da provincia de Pontevedra. Esta convocatoria publicouse no BOPPO do 19 de xuño de 2018.

O resultado da convocatoria foi a presentación das correspondentes solicitudes por parte dos seguintes centros educativos:

  • "depoEMPRENDE na escola": 9 centros
  • "depoEMPRENDE na ESO": 7 centros
  • "depoEMPRENDE na FP": 6 centros

Estes programas son e serán financiados con fondos propios da Deputación de Pontevedra.

O proxecto "depoEMPRENDE na FP" ten como reto que o alumnado, a través dunha metodoloxía de ensino-aprendizaxe, realice o estudo e a elaboración dun proxecto empresarial. Cada un dos centros educativos participantes, ao finalizar este, deberá realizar a presentación daqueles proxectos seleccionados e desenvoltos polo alumnado, en función dunhas bases establecidas para tal efecto.

Unha vez seleccionados estes proxectos para a súa presentación no acto final Demo Day, farase  entrega dos seguintes premios destinados ao centro formativo:

1.º clasificado: IMPRESORA 3D

2.º clasificado: ORDENADOR PORTÁTIL

3.º clasificado: CÁMARA FOTOGRÁFICA DIXITAL COMPACTA

É por isto que se pretende convocar esta segunda edición, cuxo obxectivo é promover o lanzamento de proxectos emprendedores a través dun proceso participativo, competitivo e secuencial que permita identificar e apoiar proxectos con potencial desenvolvemento.

Os centros públicos de formación profesional participantes nesta segunda edición da provincia de Pontevedra son os seguintes:

  • IES DE RODEIRA: avda. de Ourense, 36940 Cangas
  • CIFP CARLOS OROZA: avda. de Montecelo, 16, 36161 Pontevedra
  • CFEA DE LOURIZÁN: rúa Igrexa, 19, 36153 Lourizán, Pontevedra
  • EFA A CANCELA Centro de Formación Profesional: EP-4006, 2, 36449 As Neves
  • IES TERRA DE TURONIO: avda. Campo da Feira, s/n, 36380 Gondomar
  • CPR SAN MIGUEL: rúa Tomás A. Alonso, 13, 36208 Vigo

O acto realizouse o mércores 27 de marzo de 2019 no salón de plenos da Deputación de Pontevedra.

Descargas

Última modificación: mércores, 27 marzo 2019

27-03-2019 Presentación de proxectos Demo Day de DepoEmprende na FP