Cabecera Depoemprende

Convocatoria 2019-2020

A Deputación de Pontevedra, dentro da liña de apoio ao emprendemento que está a impulsar en diferentes áreas, promove o desenvolvemento de proxectos que integran experiencias innovadoras nos centros educativos para o fomento da orientación profesional e do emprego.

Por isto realiza novamente unha convocatoria dirixida aos centros públicos que imparten ensinanzas de Educación Especial, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional da provincia de Pontevedra para participar no programa "DepoEmprende" (convocatoria 2019-2020), nas modalidades de "DepoEmprende na Escola", "DepoEmprende na ESO" e "DepoEmprende na FP".

O programa "DepoEmprende" é unha ferramenta de apoio para os centros educativos que, a través da metodoloxía de aprendizaxe por proxectos, pretende espertar o interese e a curiosidade do alumnado pola súa propia aprendizaxe, aumentar o seu desenvolvemento activo e promover relacións cooperativas e participativas como medio para mellorar o clima de convivencia nos centros.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 3 de xuño ata o 31 de xullo

Última modificación: luns, 10 xuño 2019