DepoEmprende 2017

Formación e mentoring

Formación

Ao longo do proxecto desenvolveranse 7 itinerarios de formación, de 144 horas, en diferentes localizacións (Barro-Meis, Lalín, Pontevedra, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo), co que se alcanzará toda a xeografía da provincia de Pontevedra.

Todos os itinerarios están dirixidos, de maneira directa ou indirecta, á obtención da acreditación do módulo MF1788_3: Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios e microempresas (120 horas presenciais), correspondente ao certificado de profesionalidade ADGD0201: Creación e xestión de microempresas.

O módulo formativo está composto polas seguintes unidades:

  • UF1818: Actitude emprendedora e oportunidades de negocio (40 horas)
  • UF1819: Proxecto e viabilidade do negocio ou microempresa (40 horas)
  • UF1820: Márketing e plan de negocio da microempresa (40 horas)

Ademais, prestarase unha formación adicional grupal de 20 horas (8 horas presenciais e 12 en liña). A temática desta formación será transversal, con técnicas, ferramentas e metodoloxías áxiles e innovadoras para o emprendemento. Esta inclúe a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no acceso ao emprego; a non discriminación por razón de sexo, raza ou orixe étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual; e tamén o desenvolvemento sustentable. Ademais, incídese no cumprimento dos principios horizontais do FSE.

Tamén se traballará con cada participante de forma individual durante 4 horas (2 presenciais e 2 en liña) na detección de oportunidades vinculadas ao seu perfil persoal e ao seu contorno social coa finalidade de construír o seu propio proxecto profesional.

Mentoring

O obxetivo será solucionar dúbidas e acompañar no establecemento dos primeiros contactos e relacións iniciais coa clientela, provedores, socias e socios para asegurar súa viabilidade tanto en termos das capacidades individuais da persoa coma en relación ao mercado e ao contexto actual.

Dirixido a:

  • 48 persoas que realizasen o itinerario formativo e teñan intención de formalizar seu proxecto empresarial. Ofreceráselles supervisión e asesoramento durante 15 horas de mentoring (5 presenciais e 10 en liña) nas etapas iniciais da actividade económica.
  • 10 persoas que accederán a este servizo sen ter realizado o itinerario de formación por ter clara súa vontade de emprender, dispoñer de formación vinculada á xestión empresarial, ter experiencia profesional neste ámbito, urxencia na creación da súa empresa ou non poder asistir ás 120 horas formativas. Ofreceráselles un total de 20 horas de mentoring (5 horas presenciais y 15 en liña).

Número total de participantes nesta fase: 58

Localizacións: Barro-Meis, Lalín, Pontevedra, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo