DepoEmprende 2017

Obradoiros de cultura emprendedora de depoEMPRENDE 2017

A Deputación de Pontevedra, a partir do mes de febreiro, inicia os obradoiros de cultura emprendedora incluídos no proxecto depoEMPRENDE 2017, cofinanciado polo FSE, a través da Fundación INCYDE.

Nestes obradoiros refórzanse aspectos persoais coma a autoconfianza e a motivación (xestión do estrés, do fracaso, da toma de decisións etc.) dun xeito combinado con metodoloxías activas e participativas, mediante a aplicación de dinámicas de grupo, para a identificación de oportunidades emprendedoras.

Durante os últimos 15 minutos de cada obradoiro o persoal técnico da Deputación de Pontevedra presenta o proxecto depoEMPRENDE 2017 e facilítalles a documentación necesaria para a súa inscrición ás persoas asistentes.

Impártense 6 obradoiros, dirixidos a persoas en situación de desemprego da provincia de Pontevedra.

Formulario de asistencia os obradoiros de cultura emprendedora de depoEMPRENDE 2017

Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.

Aviso legal

Os seus datos serán tratados segundo o disposto na Lei orgánica 15/1999 e no R. d. 1720/2007, de protección de datos de carácter persoal, e poderán ser incorporados aos ficheiros da Deputación de Pontevedra relacionados con este trámite. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación ou oposición nos termos establecidos na lei no seguinte enderezo: avda. Montero Ríos, s/n