DepoEmprende 2017

Selección de persoas participantes

Nas vindeiras semanas imos comezar coa selección de participantes para o proxecto "depoEMPRENDE 2017", cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Fundación INCYDE.

Poderás:

  • Formarte en planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios e microempresas e en ferramentas innovadoras para o emprendemento (Design Thinking e Lean Startup)
  • Recibir asesoramento e mentorización que permita unha orientación personalizada e específica

Durante a formación poderás simular un proxecto empresarial e, se finalmente queres dar o paso, recibirás o asesoramento necesario para realizar todos os trámites de posta en marcha.

Cada persoa que finalice a fase de formación e de mentorización recibirá unha tableta.

Localidades onde podes realizar a formación e o asesoramento:

  • Barro-Meis
  • Lalín
  • Pontevedra
  • Tui e zona de influencia do concello
  • Vigo
  • Vilagarcía de Arousa

Non esperes máis, inscríbete xa!

Descargas