Novas relacionadas

Todos e todas contra o cancro de mama


19 outubro 2018
Ponteareas
Día Mundial do Cancro de Mama

O goberno de Ponteareas colabora coa Asociación de Cancro de Mama Pilar Domingo que celebra a terceira andaina solidaria este sábado día 20 de outubro. 

Con motivo do día mundial do Cancro de Mama, a concellería de Sanidade que dirixe Vanesa Fernández colabora coa asociación Pilar Domingo na realización desta andaina solidaria que sairá da praza Maior ata a Freixa para regresar de novo e desfrutar das diferentes actividades organizadas. Policía Local e Protección Civil velarán pola seguridade nos cruces e percorrido e a concellería aportará as camisetas rosas que vestirán os participantes.

A concelleria tamén convidou a todos os centros educativos para facer extensible esta actividade a toda a comunidade escolar. 

Ademais a organización contará este ano co apoio dos colectivos deportivos que acudirán ataviados coas súas respectivas equpacións. 

A partir das 17:00 horas o comunicador ponteareán Terio Carrera dará a saída dende a praza Maior para rematar practicando zumba con Inma Vilaboa.