Deporuta

Cangas

A DepoRuta BTT Cangas discorre por un entorno natural privilexiado, a chamada Costa da Vela. Realizase un percorrido circular tomando como punto de saída/chegada a antiga fábrica de conservas de Massó. Os primeiros km discorren por sendeiros a pé de mar que nos levan as praias de Liméns e Nerga, unha vez superado este primeiro tramo os participantes dirixiranse a Cabo Home ou a praia de Melide, desfrutando dunhas vistas da ría de Vigo e as illas Cies.