Deporuta

Meis

A DepoRuta BTT de Meis cun percorrido circular de 41.29 km ten como punto de inicio a Praza de España no concello de Meis, a ruta iniciase dirección a San Salvador de Meis, onde comeza os ascensos aos montes da Escusa, Arcos e Castrove, onde se poderán contemplar unhas marabillosas vistas da ría de Arousa. Os participantes continuarán ata o mosteiro de Armenteira e a subida ao curro da Escuso, onde esta vez poderán desfrutar da ría de Pontevedra, dando as últimas pedaladas para volver ao punto de inicio.