Deporuta

Nigrán

A DepoRuta BTT de Nigrán discorre polos concellos de Nigrán e Vigo, cun percorrido circular de 40 km e tomando como punto de saída/chegada o campo de fútbol de Chandebrito a ruta iniciase con continuas subidas e baixadas e unhas vistas espectaculares da vila de Nigrán e a ría de Vigo, a ruta levaranos aos parques forestais de Saians e Coruxo e no km 19 teremos o avituallamento, moi necesario para encarar a segunda parte da ruta, cun perfil máis esixente que nos leva a ascender o monte de Coruxo, ata o seu punto máis alto, para a continuación perder altitude e novamente encarar a parte máis dura do percorrido, que nos levará a coroar o Parque Forestal Monte Alba-Cepudo, presidido pola Igrexa de Nosa Señora do Alba, e cunhas vistas espectaculares da cidade de Vigo.