Deporuta

Sabucedo

  • Data de realización: domingo 17 de xuño de 2018
  • Dificultade: media
  • Distancia: 32 km aproximadamente (percorrido circular)
  • Punto de saída e chegada: curro de Sabucedo (A Estrada)
  • Descrición: esta ruta parte dun espectacular contorno como é o curro da famosa Rapa das Bestas de Sabucedo, convertendo as e os ciclistas en aloitadoras e aloitadores, e as súas bicicletas en bestas. O percorrido discorre pola zona norte de Sabucedo alternando treitos de dificultade baixa con outros máis técnicos (tanto de subida coma de baixada) para, a partir do segundo terzo do percorrido, ir cruzando diferentes pobos do concello da Estrada (Vilanova, Portela, O Coto, Xubrei, Codeseda…) e gozando ao seu paso de elementos de valor cultural
  • Formulario de solicitude
  • Lista de admitidos