Deporuta

Silleda

A DepoRuta BTT de Silleda cun percorrido circular de 31.88 km ten como punto de inicio a Praza da Feira da vila de Bandeira, a ruta iniciase cunha subida por zonas de carballeiras e camiños estreitos ata o punto máis alto da ruta, dende este punto descenderemos ata a igrexa do Castro e os participantes dirixiranse ata o impresionante Mosteiro de Carboeiro, onde temos o avituallamento intermedio da ruta.

A continuación cruzaremos o río Deza que nos levará a transcorrer polo veciño concello de Vila de Cruces, para a continuación dirixirnos ata a coñecida Fervenza da Toxa e volta ao punto de partida.