Depotermal
Cancelación do programa Depotermal 2020 (BOPPO 09/06/2020)
Este plan ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico por medio de movementos de participación e cooperación social que promovan espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.
Modalidades do programa
"Depotermal" 2020 pon en marcha dous programas:
- Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco mañás ou tardes consecutivas (1.248 prazas)
- Programa termal con pernoita en réxime de pensión completa, de domingo a venres (3.186 prazas)
Persoas beneficiarias
Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade e que cumpran algún dos seguintes requisitos:
- Nacer antes do 1 de xaneiro de 1970
- No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1970 ou nunha data posterior:
- Ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá achegar unha fotocopia do certificado correspondente
- Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
- Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante o modelo de informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos
- As persoas beneficiarias deben reunir, ademais, os seguintes requisitos:
- Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio
- Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria
- No caso de persoas con discapacidade, non ter recoñecida a necesidade de asistencia dunha terceira persoa
As solicitudes presentaranse de forma individual, é dicir, unha solicitude por persoa, de maneira que as persoas que desexen ir acompañadas deberán presentar a súa solicitude individualmente, indicando no apartado de observacións con quen desexan participar conxuntamente no programa.
- Bases (BOPPO 11/02/2020)
- Extracto da convocatoria (BOPPO 11/02/2020)
- Anuncio de publicación da lista de concellos adheridos (BOPPO 11/03/2020)
- Lista de concellos adheridos
- Informe accesibilidade establecementos
- Actividades complementarias na modalidade de pernoita
- Descrición dos establecementos
- Tratamentos gratuitos incluídos na modalidade de pernoita
Descargas
Última modificación: mércores, 10 xuño 2020