Descarga da aplicación de pagamento da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa entidade financeira Abanca puxo en marcha unha aplicación móbil que serve como novo instrumento de pagamento dos tributos municipais e calquera outro ingreso de dereito público xestionado polo ente provincial. Con esta nova ferramenta dixital pódese realizar o pagamento dos impostos xestionados polo ORAL cunha maior facilidade, desde calquera lugar e en calquera momento dentro dos períodos de cobro de cada mes.

A aplicación, dispoñible para os sistemas operativos Android e IOS, é de carácter gratuíto

 

Última modificación: xoves, 23 xullo 2020