Concerto de Oradaladou, con Sonsoles Penadique e Carlos Quintá

Concerto homenaxe Fraguas
18/09/2019
Nave da Música. Barro

Desde a Deputación de Pontevedra hai programadas 5 actuacións musicais baseadas no "Cancioneiro de Cotobade" do grupo ORADALADOU con motivo de que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas ao etnógrafo Antón Fraguas.

O espectáculo componse de 13 cancións que levan por título o nome de 13 parroquias do antigo concello de Cotobade, onde se recolleron as coplas adaptadas e musicadas polo grupo formado por Sonsoles Penadique e Carlos Quintá, que lle poñen voz, acordeón e violín ao proxecto

Actividade relacionada con Antón Fraguas, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019

Información
  • Ás 12 h