agenda
Exposición “As tres décadas de ouro do Colón Galego (1899-1930)”

Exposición “As tres décadas de ouro do Colón Galego (1899-1930)”

Desde 12 xan 2018 ata 26 xan 2018
Palacete das Mendoza. Pontevedra
Esta exposición é o resultado do intenso traballo que realizou Roberto Taboada como defensor da galeguidade do grande almirante de Portosanto, compilando, investigando e buscando todo o relacionado coa orixe galega de Cristóbal Colón. A mostra inclúe unha completa bibliografía, importante documentación e manuscritos, fotografías, filatelia, numismática e vitolas relacionadas con Colón.
Información
  • Horario: de luns a venres, de 8:00 a 20:00 h. Sábados, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Domingos e festivos, de 10:00 a 14:00 h.