agenda
Exposición “Entre bambalinas”, de Menca Estévez

Exposición “Entre bambalinas”, de Menca Estévez

Desde 02 feb 2018 ata 16 feb 2018
Palacete das Mendoza, sala de exposicións, praza de Santa María, s/n. Pontevedra
Exposición da artista Menca Estévez sobre o impacto das novas tecnoloxías na vida e no desenvolvemento das persoas. As estratexias para a supervivencia nunca estiveron tan preto do pensamento abstracto e da súa capacidade para asumir, de forma voluntaria, un novo marco mental no que descompoñer o todo en partes e analizar, de forma simultánea, os distintos aspectos dunha mesma realidade, canalizar e filtrar a nivel persoal as ferramentas que cada persoa debe incorporar á súa propia vida.
Información
  • Horario:
  • De luns a venres, de 8 a 20 h
  • Sábados, de 10 a 14 h e de 16 a 19 h
  • Domingos e festivos, de 10 a 14 h