agenda
Obradoiros de cultura emprendedora depoEMPRENDE 2017

Obradoiros de cultura emprendedora depoEMPRENDE 2017

Desde 15 feb 2018 ata 22 feb 2018
. Provincia
A Deputación organiza en febreiro os obradoiros de cultura emprendedora incluídos no proxecto depoEMPRENDE 2017, cofinanciado polo FSE, a través da Fundación INCYDE. O obxectivo da actividade é reforzar aspectos persoais coma a autoconfianza e a motivación, dun xeito combinado con metodoloxías activas e participativas. En total, son 6 obradoiros, dirixidos a persoas desempregadas da provincia, que se desenvolverán en horario de 9:00 a 14:00 h.
Información

As datas e localidades son as seguintes:

  • Xoves 15 de febreiro na Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa
  • Venres 16 de febreiro na Cámara de Comercio de Pontevedra
  • Luns 19 de febreiro na Cámara de Comercio de Vigo
  • Martes 20 de febreiro na Cámara de Comercio de Tui
  • Mércores 21 de febreiro no viveiro de empresas de Lalín
  • Xoves 22 de febreiro no viveiro de empresas de Barro-Meis

Máis información