agenda
Exposición “A beleza oculta”. Proxecto “Somos do Sexto”

Exposición “A beleza oculta”. Proxecto “Somos do Sexto”

Desde 16 feb 2018 ata 18 mar 2018
Sexto Edificio, Museo de Pontevedra. Pontevedra
Esta exposición é a culminación do programa pedagóxico “Somos do Sexto”, formulado como un deseño guiado dun proxecto museográfico por parte dun grupo de nenas e nenos de Primaria. A través dunha metodoloxía activa, coñeceron as coleccións do Museo de Pontevedra e interviñeron nun comisariado de arte. Intenta responder a “que é bonito e por que o é”. Non porque a arte se poida medir en termos de fermosura e fealdade, senón porque se ten discrepado moito sobre o subxectivo desta cuestión. Desta discusión naceu o tema sobre o que xira esta mostra: a beleza oculta en roupaxes grises, en invernos fríos e en latas oxidadas.
Información