agenda
Exposición “Rexas. Mulleres baixo o terror franquista”

Exposición “Rexas. Mulleres baixo o terror franquista”

Desde 16 abr 2018 ata 05 mai 2018
Mercado de abastos. Bueu
Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.
Información
  • Inauguración: luns 16 de abril, ás 20 h
    Conferencia de Montse Fajardo: “A represión sobre as mulleres tras o golpe de estado do 36”. Actividade de acceso libre relacionada coa exposición
  • Horario de visita: de luns a venres, de 9 a 14 h e de 17 a 20.30 h; sábados, de 9 a 14 h