"Mulleres en acción. Violencia zero"
16 abr 2018
Auditorio da Casa da Cultura. A Cañiza
"Mulleres en acción. Violencia zero" 2017-2018 é un proxecto de acción artística que se desenvolve no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, unir forzas para loitar contra esta praga presente na sociedade. Esta edición recolle 25 accións de arte contemporánea qe se levarán a cabo ata novembro de 2018 en 25 concellos da provincia.
Información
- Hora: 12.00 h
- Acción: acción escénica a cargo de Gena Baamonde
- Máis información