agenda
Exposición “A gaita na música tradicional galega”

Exposición “A gaita na música tradicional galega”

Desde 10 mai 2018 ata 27 mai 2018
Casa da Gaita (Asociación de Gaiteiros Galegos), Viascón. Cerdedo - Cotobade
Mostra sobre a historia da gaita na música tradicional galega, na que se inclúen referencias aos cuartetos de Ponteareas e aos obradoiros de artesáns da zona. Está realizada en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos e co museo que xestiona este colectivo, a Casa da Gaita, situado en Viascón, Cotobade.
Información
  • Inauguración: xoves 10 de maio ás 12:30 h coa actuación do grupo Faíscas de Solobeira
  • Horario: de luns a venres de 10 a 14 h. Sábados, de 10 a 14 h e de 16 a 20 h. Domingos, de 10 a 14 h.