agenda
Exposición das propostas para a nova ponte peonil Tomiño-Cerveira

Exposición das propostas para a nova ponte peonil Tomiño-Cerveira

Desde 09 mai 2018 ata 21 mai 2018
Mercado de Abastos da Vila, primeira planta. Tomiño
Mostra que expón os 24 proxectos que optaron ao concurso da Deputación de Pontevedra para a creación da nova ponte sobre o río Miño. Inclúe os proxectos non finalistas e por cada un deles exporanse tres paneis. O concurso internacional propúxose en 2016 na procura de propostas para a unión do Espazo Fortaleza de Tomiño e o Parque do Castelinho de Vila Nova de Cerveira, en Portugal. A ponte será a sexta entre Pontevedra e Portugal e a primeira de carácter peonil. Xunto á súa construción crearase un parque transfronteirizo de xestión común. Inclúe estudios de arquitectura de Stuttgart e Berlín (Alemaña), Buckinghamshire e Londres (Reino Unido), Vanves (Francia) e do Estado español: Valencia, Madrid, Toledo, Barcelona, Málaga, Asturias e Cantabria. Os tres premios foron para as firmas de Álvaro Siza, Javier Zubía e Paula Teles e Ginés Garrido.
Información