agenda
Exposición de Pepe Cáccamo

Exposición de Pepe Cáccamo

Desde 11 mai 2018 ata 25 mai 2018
Palacete das Mendoza, praza de Santa María, s/n. Pontevedra
Pepe Cáccamo é o nome artístico do escritor Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950). Nas súas propias palabras sobre a exposición: “A partir do referente das diferentes escalas do modelismo ferroviario, a mostra titulada ESCALA GZ confórmase cunha selección do meu traballo obxectual recente. Trátase, nesta ocasión, de amosar obxectos construídos e libros intervidos nos que latexa unha vella pulsión arquitectónica, resolta a través da incursión do meu corpo reducido na dimensión cósmica dos pequenos territorios, o mundo máis próximo á querenza das mans e dos ollos. O símbolo GZ, de transparente significado, representa o tamaño do universo. A luminosa incitación do azar achega un novo sentido á miña proposta. Logo de decidir o título desta exposición, descubro a existencia das escalas G e Z no modelismo ferroviario. G é o signo que representa a relación numérica 1:22,5. O signo Z equivale á identidade 1:220. Acaso estas equivalencias de escala sirvan tamén para explicar o significado universal do ser de Galiza”.
Información
  • Horario: de luns a venres, de 8 a 20 h; sábados, de 10 a 14 h e de 16 a 19 h; domingos e festivos, de 10 a 14 h
  • Díptico