agenda
Día Internacional dos Museos

Día Internacional dos Museos

Desde 17 mai 2018 ata 19 mai 2018
Museo de Pontevedra. Pontevedra
Un ano máis o Museo súmase á celebración do Día Internacional dos Museos, con visitas guiadas polas salas de Arqueoloxía, e da Noite dos Museos, coa intervención da ESAD de Galicia dedicada a Alejandro de la Sota.
Información
  • 18 de maio. Día Internacional dos Museos

    Visitas guiadas á sala de Arqueoloxía

    Co gallo do Día Internacional dos Museos, realizaranse visitas ás salas de Prehistoria e Historia Antiga para todos os públicos, incluíndo a visita ao diorama sobre a prehistoria cos Clicks.

    Non é necesaria inscrición, só estar uns minutos antes do inicio da visita na recepción do Sexto Edificio.

    Horario: xoves 17 de maio, ás 11:30 h; venres 18 de maio, ás 17:30 h e ás 19:30 h

  • 19 de maio. Noite dos Museos

    Por terceiro ano consecutivo o Museo e a ESAD de Galicia colaboran para facer chegar na Noite dos Museos unha figura sobranceira da cultura galega, este ano o arquitecto Alejandro de la Sota.

    Durante aproximadamente unha hora, o público asistente verase inmerso no mundo elegante, divertido e natural que nos deixou o artista, e percorrerao por diferentes espazos do Museo, experimentando o pracer estético dos valores sotianos.

    Horario: 19:00 h e 21:30 h

  • Entrada libre ata completar a capacidade da sala

  • Máis información