agenda
Exposición “Reconstrucciones” de Fernando Lafuente

Exposición “Reconstrucciones” de Fernando Lafuente

Desde 01 xuñ 2018 ata 15 xuñ 2018
Palacete das Mendoza, praza de Santa María, s/n. Pontevedra
Herdeiro singular dos postulados do Malévich suprematista, que foi quen de conciliar a sensibilidade do espírito e a xeometría, e mesmo das súas arckitektones, tanto coma do ronsel construtivista exaltado por Bauhaus e o modo de percibir as formas e a cor do optical, Fernando Lafuente creou un universo propio e inconfundible nun territorio tan arriscado na actualidade como é o da pintura, acosada pola alongada sombra de Duchamp e as versións máis radicais do duchampianismo. Enfrontarse a este marco estético arrebatador dos obxectos desde a crenza e a posibilidade de reinventar un novo campo para a pintura non deixa de ser un acto heroico, e Lafuente asumiu tal poética reivindicativa desde a súa profunda formación como artista e arquitecto.
Información
  • Horario: de luns a venres, de 8 a 20 h; sábados, de 10 a 14 h e de 16 a 19 h; domingos e festivos, de 10 a 14 h
  • Díptico