agenda
Exposición “Iso segue o seu curso” 2018 do alumnado do Máster en Arte Contemporáneo

Exposición “Iso segue o seu curso” 2018 do alumnado do Máster en Arte Contemporánea

Desde 05 xuñ 2018 ata 07 xul 2018
Sexto Edificio. Museo Pontevedra. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. Pontevedra
Nova edición da exposición colectiva “Iso segue o seu curso”, organizada pola Facultade de Belas Artes e o Museo de Pontevedra, que reúne as pezas artísticas do alumnado do Máster en Arte Contemporánea: Creación e Investigación. Desde 2012 esta exposición anual, coordinada polos docentes Xosé M. Buxán Bran e Mar Caldas, contribúe a impulsar o desenvolvemento das carreiras dunha nova xeración de artistas na senda da profesionalidade artística, creadora e investigadora.
Información
  • Horarios: De martes a sábados, de 10 h a 21 h. Domingos e festivos de 11 h a 14 h. Luns pechado
  • Entrada de balde
  • Máis información: web Museo de Pontevedra