agenda
Exposición “Fasquías. Embarcacións tradicionais a escala”

Exposición “Fasquías. Embarcacións tradicionais a escala”

Desde 05 xul 2018 ata 22 xul 2018
Museo do Mar. Rúa Concepción Arenal, 2. Marín
Exposición sobre maquetas de barcos incluída na programación do Ano do Patrimonio. A exposición, composta por 18 maquetas que reproducen embarcacións tradicionais galegas, vai acompañada dunha guía coas características das embarcacións tradicionais de toda Galicia. A guía leva por título "Que embarcación é? Guía de embarcacións tradicionais de Galicia", editada pola Deputación, en colaboración con Culturmar e A Citania. Inclúe, ademais, un glosario mínimo sobre as diferentes partes das embarcacións, os tipos de velas e a tradición dos carpinteiros e das carpinterías de ribeira.
Información
  • Inauguración: xoves 5 de xullo, ás 12.00 h
  • Lugar: Museo do Mar de Marín. Rúa Concepción Arenal, 2
  • Horario de visita: de xoves a domingo, de 11.30 a 14.00 h
  • Máis información