agenda
Visitas guiadas no Museo de Pontevedra

Visitas guiadas á colección do Museo de Pontevedra

Desde 01 xul 2018 ata 30 set 2018
Sexto Edificio. Museo Pontevedra. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. Pontevedra
No verán 2018, o Museo de Pontevedra realiza un programa de visitas diarias guiadas para aquelas persoas que, sen formar parte dun grupo concertado, desexan coñecer as súas coleccións explicadas polo persoal do Gabinete Didáctico. Nesta visita faise un percorrido por unha selección das obras máis representativas das coleccións expostas nos edificios Sexto e Sarmiento.
Información
  • Horarios: de martes a venres ás 12 h e  19 h. Sábados, domingos e festivos ás 12 h.
  • Non é necesaria inscrición
  • Máis información en www.museo.depo.es