agenda
Concerto música antiga Ruinas de Santo Domingo Pontevedra

Concerto de Música Antiga nas Ruínas de San Domingos

13 xul 2018
Ruinas de San Domingos, Avenida Montero Ríos, 1..
Un ano más, a cabeceira da igrexa do antigo convento de San Domingos acolle, no luscofusco, un concierto de música antiga. Ad hoc Ensemble, quinteto de metais e percusión será o que porá son a ese momento máxico de tempo, suspendido entre o pasado e o presente. E farao cun amplo percorrido estilístico, desde o inicio do Renacemento ata o remate do Barroco. Tres séculos e medio de música culta, nos que percorrerán practicamente todas as grandes tradicións locais do continente europeo: Francia, Italia, Alemaña, España e Inglaterra convertidas xa cada vez máis nunha única Grande Tradición común; e en todos os casos, da man de compositores de primeira fila para cada período como os que compoñen este programa.

Ad Hoc Ensemble é unha formación centrada na difusión da música a través dos antigos instrumentos de vento metal como son o cornetto, o sacabuche, o serpentón ou o ophicleide, utilizando instrumentos orixinais ou réplicas dos antigos, pero tamén instrumentos actuais. Nos seus concertos interpreta músicas que van desde o o Renacemento ata o Barroco, tratando ademais de que sexan espectáculos divulgativos e pedagóxicos que versen sobre a orixe dos instrumentos e a súa repercusión na historia da música.
Información
  • Hora: 22 h
  • Entrada de balde ata completar aforo.
  • Máis información: www.museo.depo.gal