agenda
Exposición Rompe. Xoga en Igualdade en Nigrán

Exposición “Rompe. Xoga en igualdade”

Desde 02 ago 2018 ata 21 set 2018
Salón de Plenos do Concello. Nigrán
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual, o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo.

As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.
Información
  • Horario: todos os días da semana de 9 h. a 13:30 h.
  • Inauguración: luns 2 de agosto ás 13 h.
  • Máis información