agenda
Exposición Nado en Pedra en Silleda

Exposición “Nado en pedra”

Desde 01 ago 2018 ata 31 ago 2018
Parque municipal das Pedrosas. Silleda
A Escola de Cantería, dependente da Deputación de Pontevedra, pon en valor o traballo de temática figurativa elaborado polo seu alumnado con esta mostra itinerante de 17 pezas en gran tamaño. A exposición contribúe a divulgar o nobre oficio de cantería e serve ademais como mostra da cultura e da idiosincrasia galega, xa que reproduce escenas cotiás e arquetipos tradicionais, como o ferreiro, a costureira ou o emigrante.