agenda
Exposición Novos valores 2018

Exposición Novos Valores 2018. Obra seleccionada

Desde 03 ago 2018 ata 16 set 2018
Edificio Sarmiento Museo de Pontevedra. Sarmiento, 51.. Pontevedra
A exposición “Novos Valores 2018” amosa as 25 obras seleccionadas neste certame que convoca anualmente a Deputación de Pontevedra. Entre elas se atopan as catro premiadas con bolsas para ampliación de estudos que, este ano, recaeron nas obras Lo merecido, de Natalia Umpiérrez; My statement, performance audiovisual de Noela Covelo; o vídeo Synth-BIOs-sobreinformación , de Lois Búa e Ternura, pintura de Blanca Nieves Lourés.
Información
  • Horario: De martes a sábados, de 10h a 21h. Domingos e festivos de 11h a 14h. Luns pechado
  • Más información en www.museo.depo.gal